22 de febreiro de 2017
O parladoiro de diulgación científica, de entrada libre, comezará ás 19.30 horas deste xoves
A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, área que dirixe José Manuel Sande, afonda no compromiso do Goberno local coa promoción e divulgación da cultura científica a través da programación dos Museos Científicos Coruñeses. Mañá xoves 23, ás 19.30 horas, a Domus acollerá a a ponencia Canles de ións: o seu descubrimento e o seu papel en farmacoloxía e biomedicina, ofrecida por Erwin Neher, recoñecido no ano 1991 co premio Nobel e Fisioloxía e Medicina.
Os traballos e investigacións de Neher, centrados en metodoloxías para estudar sinais en células nerviosas, resultaron fundamentais para o coñecemento actual da estrutura e función do sistema nervioso. A entrada para a ponencia, organizada por CorBi Foundation e os Museos Científicos, é libre ata completar a capacidade do auditorio da Domus.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible