Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de abril de 2026

A Domus encheuse de ciencia e creatividade coa celebración da Feira de ideas do V Concurso Imaxina Coruña

75 estudantes e 11 docentes de 11 centros educativos participaron nesta V edición do programa, presentándose un total de 19 proxectos.

O programa educativo V Concurso Imaxina Coruña 2025-26 , unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria, pechou o pasado sábado 18 de abril a súa V edición coa celebración da Feira de Ideas na Domus. Unha xornada de portas abertas na que se deron a coñecer os 19 proxectos que participaron nesta edición, detrás dos cales se atopan un total de 75 estudantes e 11 docentes de 11 centros educativos da cidade e a área metropolitana.

No evento realizouse a entrega de premios aos equipos gañadores, tras a revisión dos proxectos en base aos criterios de valoración descritos nas bases do concurso. O xurado estivo formado polas seguintes persoas:

  • Sara Fernández Gayoso, directiva da asociación xuvenil XenTd100cia e estudante de Matemáticas.
  • Iria Añón Esmorís, directiva da asociación xuvenil XenTd100cia e estudante de Bioloxía.
  • Pelayo Villar López, Co-director da Open Science Cambre 2025 e estudante de profesorado de Educación Primaria.
  • Ana Judel Prieto, técnica de educación do Concello da Coruña, como secretaria.

Tras a revisión dos 19 proxectos presentados, decidíronse outorgar os seguintes premios:

  • Premio ao mellor vídeo, consistente nun estabilizador de vídeo, ao proxecto: "EcoShell-E. Por unas playas más limpias", do CPR Franciscanas. Entregou o premio Marcos Pérez Maldonado, director dos Museos Científicos Coruñeses.
  • Mención especial polo seu carácter singular e cheque regalo de 300€ para a adquisición de material científico e tecnolóxico para o proxecto "Cámara escura e impresión fotográfica en cianotipo", do CPR Esclavas del Sagrado Corazón de Jesús. Entregou o premio Pelayo Villar, membro do xurado.

Premios ás tres categorías: sustentabilidade, innovación e compromiso social, consistentes nunha viaxe para cinco acodes para participar na feira científica Zientzia Azoka, en Bilbao, e cheque regalo por importe de 500€ para a adquisición de material científico e tecnolóxico para a aula participante no concurso.

  • Premio á sustentabilidade ao proxecto "Baterías recargables", do CPR Esclavas del Sagrado Corazón de Jesús, por un deseño prometedor aplicable á vida cotiá. Entregou o premio Sara Fernández, membro do xurado.
  • Premio á innovación ao proxecto "Deseño dun bioplástico con base de algas", do CPR Salesianos Juan Bosco, pola calidade da súa aposta polos novos materiais de base biolóxica. Entregou o premio Iria Añón, membro do xurado.
  • Premio ao compromiso social ao proxecto "Luz e auga", do IES Isaac Díaz Pardo, por unha aposta de aproveitamento enerxético e de recursos aplicada ao clima en Galicia. Entregou o premio o Concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego Vázquez.

A xornada completouse co espectáculo de divulgación científica "Cienceando", a cargo do comunicador científico David Ballesteros.

Documentos relacionados

  • V Concurso Imaxina Coruña - Acta da reunión do xurado (109 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión