30 de novembro de 2022
Revive a emocionante última proba apta para puntuar de Coruña Corre
Novo Mesoiro deixou imaxes épicas que agora podes gozar na nosa galería de fotos e tamén co vídeo do pasado domingo.
A última proba válida para puntuar de Coruña Corre 2022 desenvolveuse baixo a choiva e foi emocionante de principio a fin. A mellor forma de pechar o circuíto antes da carreira que baixará o pano á tempada, xa sen puntos en xogo, pero coa homenaxe aos 50 anos do CHUAC.
A choiva acompañou a xornada en Novo Mesoiro. O circuíto máis curto da tempada puxo a proba a capacidade de superación e resiliencia de cada deportista. A auga converteuse nun obstáculo máis, pero lonxe de deslucir o espectáculo, deu pé a ese afán de superación que moven o deporte e os seus protagonistas.
'E se chove, que chova', como dicimos por estas terras. Despois da borrasca que aprazou uns días a carreira do Ventorrillo, esta vez a meteoroloxía non cambiou os plans de centos de atletas que deron cor a Novo Mesoiro nunha mañá gris de outono.
16 de abril de 2024
7 de abril de 2024
5 de abril de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible