27 de abril de 2018
A escola infantil municipal Carricanta organiza, xunto coa asociación veciñal do Castrillón - Urbanización Soto IAR e a biblioteca e o centro cívico do barrio, unha xornada de intercambio de libros con motivo do Día do Libro. O evento desenvolverase na praza de Pablo Iglesias, o venres 27 a partir das 17.00 horas.
Os nenos de ata 5 anos da EIM Carricanta poderán participar na actividade "Tarde de conto", ás 17.00 horas. A quenda dos rapaces, de entre 6 e 12 anos, do programa "Obxectivo Bibliotk" será ás 17.45 horas.
Xa ás 18.30 horas, todos os que se acheguen á praza poderán participar nas "Lecturas en voz alta".
Do 23 ao 27, pódese facer unha recomendación literaria no centro cívico do Castrillón.
Entidades
26 de abril de 2024
26 de abril de 2024
24 de abril de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible