15 de outubro de 2015
A iniciativa concorda coa liña de traballo da Concellería de Medio Ambiente para a recuperación o medio natural da cidade
O Concello iluminará de verde a fonte de Catro Camiños na noite de mañá, venres 15 de outubro, como xesto en favor da conservación do medio natural e da biodiversidade e en apoio da declaración do Monte Pindo como Parque Natural, por ser un patrimonio insubstituíble. A proposta, que está promovida pola asociación Monte Pindo Parque Natural, conta co apoio da Coruña e doutras cidades como Santiago, Ferrol ou Carballo, e pretende conmemorar os cinco anos de traballo da entidade a prol da protección de valores naturais tan singulares como os do Monte Pindo. Así, o Concello felicita a iniciativa cidadá, que atopa o seu eco na Coruña, a través da liña de traballo aberta pola Concellería de Medio Ambiente para recuperar o medio natural da cidade, protexer os valores máis singulares existentes na actualidade e emprender un manexo ecolóxico das zonas verdes.

13 de decembro de 2025

11 de decembro de 2025

4 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible