Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de setembro de 2017

A Fundación Emalcsa asina con Gadisa un convenio para a promoción até 2018 do programa municipal de fomento da inclusión a través do deporte

O alcalde, Xulio Ferreiro, presidiu a firma do acordo, xunto co presidente e conselleiro delegado do grupo empresarial, Roberto Tojeiro. O Concello, coa súa aportación e a das entidades colaboradoras, volverá a abrir unha liña de subvencións para os proxectos de Deporte Solidario e Inclusivo de, como mínimo, 250.000 euros

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, asinou hoxe un convenio co presidente e conselleiro delegado do grupo empresarial Gadisa, Roberto Tojeiro, en calidade de presidente do padroado da Fundación Emalcsa. Mediante o acordo, a firma coruñesa colaborará co Concello no impulso e desenvolvemento do programa Deporte Solidario e Inclusivo, que procura a igualdade e inclusión social a través da práctica deportiva. Gadisa Retail SLU comprometéuse, mediante o convenio asinado, a colaborar con citado programa, ao menos, durante os anos 2017, 2018 e 2019, formalizando, en primeiro lugar, as actuacións que desenvolverá durante este exercicio e o seguinte, e que se traducirán en dúas aportacións económicas que suman, en total, 17.000 euros (a primeira, de 7.000 euros, a entregar nos quince primeiros días desde a firma do convenio, e a segunda, de 10.000 euros, antes do 31 de xaneiro de 2018).

O alcalde coruñés destacou, nun acto no que tamén estivo presente a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, que o programa Deporte Solidario e Inclusivo busca "non só a integración mediante o deporte, senón tamén a difusión dos valores asociados á práctica deportiva". Así, manifestou o agradecemento a Gadisa e ao resto de entidades que colaboran, xa sexa con aportacións económicas ou co desenvolvemento de programas de actividades deportivas e sociais, e indicou a vontade do goberno coruñés "de manter durante os anos que sexa posible un programa que está resultando un éxito, en tanto que contribúe a facer desta unha cidade mellor". "A nosa intención, e así se recolle no convenio que hoxe asinamos, é a de seguir afondando no desenvolvemento deste programa. De novo, tanto este exercicio, como os seguintes, queremos volver a realizar as convocatorias de subvención que posibilitarán que entidades deportivas da cidade poidan poñer en marcha actuacións baseadas na inclusión e a igualdade", salientou o rexedor, que indicou que a intención do Concello é destinar, como mínimo anual, a través da Fundación Emalcsa, 250.000 euros. "Outra das nosas pretensións é a de levar a cabo cada ano o Festival Deporte Solidario co obxecto de presentar as mellores prácticas e contribuír á difusión dos obxectivos do programa", comentou o mandatario local.

A última convocatoria de Deporte Solidario serviu para que financiar 26 proxectos sociais distintos que se le levaron a cabo entre decembro do pasado ano e este agosto e que abarcaron más de 20 disciplinas deportivas distintas, como baloncesto, tenis, pádel, rugby, hockey, taekwondo, fútbol sala, vela, piragüismo ou natación. Estímase que, en total, beneficiáronse máis de 9.000 persoas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión