Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de decembro de 2020

A Fundación Emalcsa asina os convenios da Cultura Accesible e Inclusiva por valor de 800.000 euros con 14 entidades locais

A alcaldesa da Coruña, Inés rey, sinalou que estas subvencións destínanse a “proxectos inclusivos de entidades con traxectoria e experiencia no eido da cultura, e para seguir sobre todo dándolle protagonismo á cultura como ferramenta transformadora que nos fai a todos medrar como sociedade”

Esta mañá tivo lugar no salón de plenos municipal o acto de firma dos convenios coas 14 entidades que reciben subvención da Fundación Emalcsa na 5.ª Convocatoria Cultura Accesible e Inclusiva, coa participación da presidenta da Fundación Emalcsa, Inés Rey, a vicepresidenta desta entidade, Yoya Neira, a directora de RSC e Comunicación de Vegalsa-Eroski, Gabriela González, a directora de Comunicación da Fundación Mª José Jove, Belén Rey, e representantes das entidades subvencionadas.

A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que se destinarán "máis de 800.000 euros para proxectos inclusivos de entidades con traxectoria e experiencia no eido da cultura, e para seguir sobre todo dándolle protagonismo á cultura como ferramenta transformadora que nos fai a todos medrar como sociedade".

As entidades subvencionadas, por orde de puntuación, son Poten100mos, Asociación Participa para a Inclusión Social, Amigos do Museo de Belas Artes, Asociación Cultural 3x4, Asociación Cultural Coruñesa Negus, Viraventos, Ese8, Asociación Cultural para a Integración Social Viraventos, Asociación Cultural Zalaeta, Mundo Sen Guerra e Sen Violencia, Sociedade Filatélica da Coruña, Demusicade2, Asociación Socio-cultural Acampa e Ampa Zalaeta Campo da Leña.

Pola súa banda, Cristina de la Puente González, representante de Poten100mos, sinalou que "para nós este recoñecemento é unha gran motivación posto que se realiza nun ano moi difícil, rocambolesco e de moitos malabares" e agradeceulle á Fundación Emalcsa e a Manuel Aguilar "o apoio á cultura inclusiva".

Cultura Accesible e Inclusiva é un dos programas de inclusión da Fundación  Emalcsa que leva instaurado na sociedade coruñesa desde hai catro anos. A continuidade do proxecto e o lanzamento desta nova convocatoria recobran vital importancia, celebrándose nun ano excepcional ante un contexto xamais vivido, remarcando o valor de apoiar a cultura inclusiva e garantir o acceso á vida cultural, así como o desenvolvemento artístico da cidadanía, especialmente das persoas con diversidade funcional ou discapacidade. Desde a Fundación Emalcsa consideran que "en momentos como o que nos toca atravesar, atender aos colectivos máis desfavorecidos e dotar de ferramentas de inclusión e benestar social  a través da cultura, vólvense indispensable para mellorar a vida da cidadanía".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión