11 de novembro de 2019
A Fundación destina a estas axudas un total de 100.000 euros por convocatoria, o que eleva a 400.000 o investimento nos últimos catro anos.
O programa "Cultura Accesible e Inclusiva", impulsado pola Fundación Emalcsa e o Concello da Coruña, e coa colaboración da Fundación María José Jove, Repsol, Vegalsa e Fundación Sabadell continúa a súa traxectoria co lanzamento da IV Convocatoria de axudas para o desenvolvemento de proxectos de Cultura Accesible e Inclusiva, que contempla tres fins diferentes
A Fundación destina a estas axudas un total de 100.000 euros por convocatoria, o que eleva a 400.000 o investimento nos últimos catro anos.
Desde a creación do programa Cultura Accesible e Inclusiva a Fundación Emalcsa colaborou con 149 entidades no desenvolveron 62 proxectos. Ata o de agora, 11.733 persoas resultaron beneficiarias das actividades desenvoltas no marco do programa, que continúa con esta cuarta convocatoria.
As bases da nova convocatoria integran pequenas melloras como a posibilidade de implicar no proxecto a entidades sociais non vinculadas á discapacidade (a condición de que haxa unha asociación desta temática incluída), e outras modificacións centradas no proceso de valoración e solicitude de información.
As bases da convocatoria están dispoñibles na páxina web da Fundación Emalcsa, e o prazo para a presentación de solicitudes é do 11 de novembro ao 2 de decembro de 2019.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible