11 de xaneiro de 2025
A alcaldesa, Inés Rey, presidirá o acto, que terá lugar no Centro Sociocultural Ágora
O Concello da Coruña celebrará o próximo venres 17 de xaneiro a gala do undécimo circuíto de carreiras populares Coruña Corre, que servirá como peche da edición do 2024 e anuncio das próximas carreiras a celebrar en 2025.
A gala, que se levará a cabo no Centro Sociocultural Ágora, comezará ás 20.15 horas o venres 17 de xaneiro, e estará presidida pola alcaldesa, Inés Rey. Conducirá o acto o animador habitual das carreiras, Xalo Maira, acompañado da humorista Cata Ukelele. Haberá tamén música en vivo. Entregaranse os premios ás e aos gañadores de cada unha das categorías dos participantes ao circuíto, e un agasallo aos que participaron en 5, 6 ou 7 das carreiras que integran o circuíto.
Durante o 2024 foron sete as probas do circuíto Coruña Corre: XII Carreira Popular Torre de Hércules, XV Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma, XI Carreira Popular Os Rosales, VIII Carreira Popular Matogrande-Xuxán, XI Carreira Popular Volta a Oza, X Carreira Popular Ventorrillo e XII Carreira Popular Novo Mesoiro. Ademais, integrouse o barrio de Xuxán dentro da carreira de Matogrande, cumplindo un dos compromisos adquiridos pola alcaldesa coa cidadanía residente na zona.
O circuíto de carreiras populares Coruña Corre afronta este ano a súa edición número 12 convertido no evento destas características máis popular e con maior participación de Galicia. "Estas carreiras permiten integrar aos barrios da cidade na programación deportiva municipal e fomentan hábitos de vida saudables entre a poboación de todas as idades", sinalou o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez.
17 de xaneiro de 2025
13 de decembro de 2024
22 de novembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible