Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de xaneiro de 2024

A gala do circuíto Coruña Corre presentará o día 26 deste mes as novidades da próxima edición

A alcaldesa, Inés Rey, presidirá o acto, que terá lugar no Centro Sociocultural Ágora

O Concello da Coruña celebrará o próximo venres 26 de xaneiro a gala do décimo circuíto de carreiras populares Coruña Corre, que servirá como peche da edición do 2023 e anuncio das próximas carreiras a celebrar en 2024.

A gala, que se levará a cabo no Centro Sociocultural Ágora, comezará ás 20.00 horas o venres 26 de xaneiro, e estará presidida pola alcaldesa, Inés Rey. Conducirá o acto o animador habitual das carreiras, Xalo Maira. Entregaranse os premios ás e aos gañadores de cada unha das categorías dos participantes ao circuíto, e un agasallo aos que participaron en 5, 6 ou 7 das carreiras que integran o circuíto.

Durante o 2023 foron sete as probas do circuíto Coruña Corre: XI Carreira Popular Torre de Hércules, XIV Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma, X Carreira Popular Os Rosales, VII Carreira Popular Matogrande, X Carreira Popular Volta a Oza, IX Carreira Popular Ventorrillo e XI Carreira Popular Novo Mesoiro.

Na edición que finalizou en 2023 integráronse un total de sete carreiras, para chegar a esta gala de entrega de trofeos, e deixar así para o 16 de marzo de 2024 o inicio da edición número XI do Circuito de Carreiras Populares Coruña Corre, coa celebración da XII Carreira Popular Torre de Hércules. No ano 2023 foron máis de 15.000 as persoas inscritas nas distintas probas.

DATOS DE PARTICIPACIÓN NO ANO 2023

  • Popular Matogrande
    • 2.203
  • Popular Torre de Hércules
    • 2.428
  • Popular San Pedro de Visma
    • 1.927
  • Popular Os Rosales
    • 2.205
  • Popular Volta a Oza
    • 2.177
  • Popular Ventorrillo
    • 2.328
  • Popular Novo Mesoiro
    • 2.487
  • TOTAIS
    • 15.755

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión