Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de febreiro de 2024

A gastronomía do Entroido galego chega mañá ao mercado ecolóxico do Campo da Leña, coa presentación dun receitario en formato dixital

De 10.00 a 15.00 horas haberá actividades para todos os públicos, cun espazo de dinamización infantil e un obradoiro creativo no que as nenas e nenos poderán aprender a elaborar antefaces

O Concello da Coruña, a través da Área de Fomento e Promoción da Cidade, promove este domingo 4 de febreiro unha nova edición dos Mercados Ecolóxicos Municipais, que volven ao Campo da Leña de 10.00 a 15.00 horas cun amplo abano de actividades para todos os públicos.

Neste sentido, as persoas que se acheguen ao mercado ecolóxico poderán participar en diversas propostas abertas á cidadanía. A programación abrirase coa iniciativa de concienciación medioambiental 'A arte do residuo', na que os participantes do mercado poderán deixar envases para logo, con eles, realizar unha intervención artística. Os mercados ecolóxicos forman parte das iniciativas impulsadas polo Goberno de Inés Rey para promover a sustantibilidade e a compra responsable na cidade.

En paralelo, os máis pequenos poderán disfrutar dun espazo de dinamización na que terán un lugar para pintar e colorear. Tamén haberá un obradoiro creativo dinamizado por un monitor, no que as nenas e nenos aprenderán a realizar antefaces de Entroido.

Ademais, no mercado deste domingo presentarase un receitario gastronómico co que as e os asistentes poderán coñecer polo miúdo as receitas típicas do Entroido galego. A través dun código QR que estará impreso no mercado, as e os participantes poderán visualizar un documento que inclúe as pautas de elaboración pratos propios destas datas festivas, para facilitar a súa preparación posterior nos fogares, con ingredientes que estarán dispoñibles no mercado. A este respecto, cómpre lembrar que, como xa é habitual no mercado ecolóxico, máis de vinte firmas asociadas a comercios e produtos de proximidade habilitarán os seus postos de venda ao longo da mañá.

A programación completa, así como os seus horarios, é a seguinte:

  • De 10.00 a 15.00 horas: Iniciativa artística-ambiental 'A arte do residuo'.
  • De 10.00 a 15.00 horas: Espazo de dinamización infantil para as crianzas.
  • De 10.00 a 15.00 horas: Presentación das 'Receitas de Entroido'.
  • De 11.30 a 12.30 horas: Obradoiro infantil con actividades creativas.

Así funciona o formato rotatorio dos mercados ecolóxicos municipais

Co obxectivo de poder ofrecer e expandir os produtos ecolóxicos e de orixe ética e local ao maior número de persoas, o Concello está a lle dar continuidade ao novo formato rotatorio dos Mercados Ecolóxicos Municipais, que estenderá este evento polos diversos barrios da cidade nos vindeiros meses.

A outra gran novidade deste formato dos Mercados Ecolóxicos Municipais é a súa realización todas as fins de semana do mes: o primeiro e o terceiro domingo, no Campo da Leña, e o segundo domingo de cada mes na praza da Tolerancia, en Labañou. Xa o último domingo do mes, o mercado vai rotando por distintos barrios, como Novo Mesoiro o Parque Europa de Catro Camiños e a praza de San Cristovo, nos Mallos.

Neste sentido, hai dúas modalidades de mercado: o mercado ecolóxico, que é o que se realiza no Campo da Leña, e o mercado de compra sostible, correspondente ao da praza da Tolerancia e outros lugares. Os mercados do Campo da Leña están especializados en produtos ecolóxicos, que acreditan criterios éticos e sostibles na súa produción, elaboración ou materias primas. Os mercados na praza da Tolerancia, e outras localizacións, fomentan a economía circular e a compra responsable, aplicando a regra dos 4R. O obxectivo é poder ofrecer o maior número de produtos de economía sostible e actividades paralelas como obradoiros, concertos e actividades para as e os máis pequenos.

Todos os mercados se realizarán no mesmo horario, de 10.00 a 15.00 horas. A este respecto, a información relativa a cada evento pódese atopar nas redes sociais do mercado (@mercaecocoruna) e nas do Concello da Coruña.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión