23 de marzo de 2026
Recibiu a benvida á institución acompañada polo concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, nun acto no salón de sesións de María Pita
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presidiu hoxe, en representación da alcaldesa, Inés Rey, o acto de ingreso como numeraria do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses da investigadora María Dolores Mayán Santos, unha das figuras máis destacadas de Galicia na loita contra o cancro.
"A traxectoria de María Dolores Mayán Santos non é só brillante en termos académicos, senón tamén profundamente transformadora. Falamos dunha investigadora que está a contribuír a abrir novos camiños na loita contra o cancro, identificando novas dianas terapéuticas capaces de frear tumores resistentes aos tratamentos, con avances que xa están a ser recoñecidos como dos máis relevantes da ciencia galega recente", apuntou no Gonzalo Castro no seu discurso.
Mayán Santos é investigadora principal no Centro de investigación en Nanomateriales y Biomedicina da Universidade de Vigo, e conta cunha longuísima traxectoria profesional que inclúe publicacións especializadas de gran impacto, patentes rexistradas e participación en proxectos internacionais de alto nivel -realizou estadías de posdoutoramento no London Imperial College e no London Institute of Medical Sciences-.
O grupo que actualmente lidera no CINBIO investiga vías de sinalización e mecanismos de comunicación celular co obxectivo de identificar novas dianas terapéuticas para combater o cancro e outras patoloxías relacionadas co envellecemento, como a artrose. Tamén estivo vinculada ao Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), da UDC.
No seu discurso, titulado "Historia del cáncer. Dónde estamos y hacia dónde vamos en investigación en cáncer", Mayán Santos fixo un repaso pola historia da investigación contra esta enfermidade desde os días da antiga Grecia ata hoxe, explicando tamén as perspectivas de futuro e as posibilidades que abren para a investigación as novas tecnoloxías.
"El tema que he escogido para este discurso es la historia del cáncer, con el objetivo de remarcar el gran momento que estamos viviendo respecto al tratamiento y manejo de este conjunto de enfermedades tan complejas y difíciles de estudiar y tratar. Se trata de una enfermedad que, más allá de su dimensión clínica, ha marcado parte de lo que entendemos de la vida y la muerte, y el esfuerzo colectivo de la humanidad por comprenderse a sí misma", subliñou a investigadora.
A contestación ao discurso correu a cargo do numerario do Instituto José Cornide e doutor en bioloxía Xosé Antón Fraga, quen recordou que "as preocupacións de María non rematan nas paredes do laboratorio", e subliñou a súa labor na reivindicación de cuestións clave para o seu gremio como a dotación de "máis recursos para a I+D+i, a defensa dunha carreira investigadora digna, a petición dun acceso en igualdade ás prazas de investigación dentro e fóra do ámbito universitario e o interese pola situación dos investigadores e as investigadoras de Galicia que se viron obrigados a buscar no estranxeiro un futuro profesional".

22 de marzo de 2026

22 de marzo de 2026

20 de marzo de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible