22 de novembro de 2022
Estará dispoñible de 09.30 a 12.00 no polideportivo municipal do barrio
O Concello da Coruña facilitará a conciliación o vindeiro domingo, 27 de novembro, na última proba válida para puntuar de Coruña Corre 2022, do mesmo xeito que no resto das que formaron parte do circuíto de carreiras populares.
A ludoteca estará dispoñible o día da proba desde as 09.30 ás 12.00 horas no Polideportivo Municipal de Novo Mesoiro, xusto antes das carreiras de Peques.
O servizo de atención á infancia nesta carreira de Coruña Corre debe solicitarse antes das 23.59 horas deste martes para así proporcionar o mellor servizo posible ás persoas menores de idade.
A ligazón para formalizar a solicitude envíase por correo electrónico ás persoas que se inscribiron na proba e, en caso de non recibilo ou se presentase calquera outra incidencia, podes comunicala a través do formulario de contacto https://corunacorre.com/é/web/contacto/.
16 de abril de 2024
7 de abril de 2024
5 de abril de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible