Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de setembro de 2023

A mostra ‘Non finito’ repasa 30 anos de carreira artística de Tono Galán

O artista expón no Kiosco Alfonso unha selección de esculturas, pinturas e caricaturas nas que amosa o seu proceso creativo

O Kiosco Alfonso estrea este xoves a mostra 'Non finito', do artista santiagués Tono Galán. A exposición foi presentada ao público polo concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro. Poderá visitarse ata o 12 de novembro.

'Non finito' está composta dunha selección de obras de Tono Galán elaboradas durante os seus máis de 30 anos de carreira artística. Esculturas, pinturas e caricaturas forman parte desta exposición na que repasa a súa evolución artística. Gonzalo Castro destacou a importancia que ten para o Goberno de Inés Rey amosar á cidadanía o traballo artístico de persoas vinculadas á cidade.

Tono Galán leva 48 anos vivindo na Coruña, onde aflorou a súa inquedanza artística e comezou a publicar debuxos en xornais, algúns deles presentes nesta exposición. Ademais, a mostra conta con obras elaboradas en exclusiva para o Kiosco Alfonso, como é o caso de CTV, que amosa o sentimento coruñés do artista. Castro definiu a Tono Galán como un referente da arte contemporánea coruñesa, cuxas obras estiveron presentes nalgunhas das grandes coleccións galegas. 

Tono Galán divide a súa exposición en diferentes seccións. A primeira delas é '1992-2000', na que repasa os seus primeiros traballos, nos que mestura distintas técnicas. A segunda é '2001-2023', e conta coa súa obra máis recente, amosando unha maior madurez artística con patróns recoñecibles da súa traxectoria. Outra das seccións da mostra é 'Mistoria del Arte', onde versiona algunhas das obras da arte co seu estilo. 'Non finito' tamén conta con litografías do autor, o conxunto 'O descanso do guerreiro Homo vitrum' e 'Mixtión', onde converxen diferentes proxectos de Tono Galán.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión