Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de febreiro de 2026

A nova propiedade do número 3 da rúa Damas disporá de tres meses para presentar o proxecto de rehabilitación do edificio

O concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego, asinou esta mañá o documento que certifica a adxudicación do inmoble tras o procedemento de poxa

O Concello avanza coa folla de ruta aberta a través do Plan municipal para a recuperación de ruínas, unha iniciativa promovida polo Goberno de Inés Rey co obxectivo de axilizar a rehabilitación de edificios e soares en abandono, e que vén de abrir camiño á recuperación do número 3 da rúa Damas, na Cidade Vella.

Esta mañá, o concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego, asinou con Jorge Vázquez Couto, representante da nova propiedade, o documento que certifica a adquisición do inmoble, que data do ano 1900. A sinatura, efectuada hoxe nas dependencias municipais da praza Indalecio Prieto, completa o procedemento iniciado meses atrás, coa apertura da poxa polo edificio, unha medida que o Concello activou despois de que os anteriores titulares do edificio non actuasen sobre el.

"O Plan municipal para a recuperación de ruínas non só contribúe a coidar da paisaxe residencial urbana, senón tamén a incentivar o incremento da bolsa de vivenda dispoñible na cidade", razoou o edil, que fixo fincapé na importancia de que as persoas propietarias de inmobles cumpran coas súas obrigas en materia de conservación e mantemento. 

O programa, pioneiro en Galicia, estipula que a nova propiedade disporá de tres meses de prazo para presentar un proxecto de reforma para o edificio. Os pregos do Plan establecen tamén un prazo de nove meses para que comecen as obras de rehabilitación.

Avances palpables na meirande parte dos expedientes incluídos inicialmente no Plan

Ademais do inmoble de Damas, 3, o Concello segue a avanzar na activación das demais propiedades incluídas na fase inicial do Plan municipal de recuperación de ruínas.

No caso do soar de Herrador, 6, xa está en redacción o proxecto por parte da nova propiedade; en Orzán, 72 xa se concedeu licenza de rehabilitación; en Orzán, 130 xa se traballa na redacción do proxecto; e no caso de Santa Lucía, 8 está a tramitarse a licenza.

No referente ao inmoble de San Andrés, 140 constatáronse consultas ao PEPRI en relación ás condicións nas que se debería rehabilitar.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión