Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de agosto de 2022

A oficina municipal de apoio ao pobo ucraíno atendeu a máis de 300 refuxiados e refuxiadas desde a súa apertura

A OMAPU ofrece un servizo integral que inclúe, ademais da xestión do aloxamento de emerxencia, clases de español, campamentos para os menores e trámite de xestións, entre outras axudas

Desde a súa apertura o pasado 21 de marzo, menos dun mes despois da invasión rusa de Ucraína, a Oficina Municipal de Apoio ao Voluntariado (OMAPU) impulsada polo Goberno de Inés Rey atende a 338 refuxiados ucraínos, a maioría mulleres e menores, que tentan refacer a súa vida na cidade lonxe da guerra.

"Desde o principio a OMAPU expúxose como unha ferramenta de xestión integral das necesidades dos refuxiados e refuxiadas que comezaron a chegar á nosa cidade", sinala a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira. "Non se trataba só de solucionar as necesidades máis urxentes, como o aloxamento, a manutención e a escolarización dos menores, senón de poñer ao dispor dos refuxiados outras axudas como a asistencia psicolóxica, o apoio na realización de trámites, clases de español, actividades de lecer e deporte e outras que poidan ir xurdindo", agrega.

Ata o momento, a OMAPU presta apoio a 142 unidades familiares que suman 338 persoas: 161 mulleres, 51 homes e 126 nenos e nenas. Os refuxiados e refuxiadas recibiron 31 axudas de tarxeta moedeiro, un servizo posto en marcha polo Concello co que as familias poden obter unha axuda de 50 euros mensuais durante tres meses para sufragar pequenos gastos. Ademais, outras 129 persoas beneficiáronse das axudas que ofrece a Fundación Emalcsa a través do programa "A Flote". Tal e como explica Neira, o traballo pola integración dos refuxiados repercute noutros aspectos da súa vida na cidade. "Mentres houbo curso escolarizouse aos menores e actualmente hai 19 deles bolseiros en distintos campamentos da Coruña", sinala Neira. "Ademais, dispoñen dun espazo para actividades propias no C.C da Cidade Vella, e hai acordos con entidades deportivas e culturais da cidade para que desenvolvan outras actividades". Ademais, case 30 refuxiados, entre adultos e menores, acoden a clases de español no C.C Artesáns.

Outros datos que aparecen neste balance de catro meses de traballo da OMAPU son 34 derivacións á ONG Accem; apoio en trámites administrativos con 53 traducións de partidas de nacemento e 18 intervencións do Servizo de Emerxencias Municipal (SEMUS).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión