Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de agosto de 2020

A OSG estrea cuncha acústica no seu primeiro concerto no Coliseum

O novo emprazamento converte á formación na única do Estado que poderá tocar con todas as persoas integrantes e ante o mesmo número de espectadoras/es que no Pazo da Ópera polas grandes dimensións do espazo

A Orquestra Sinfónica de Galicia inicia a súa nova andaina no Coliseum cun concerto extraordinario mañá, ás 11.30 horas, en que non haberá público por mor das actuais restricións anunciadas pola Xunta para frear o incremento de contaxios. Con este cambio de emprazamento, a OSG convértese na única orquestra do Estado que poderá tocar con todas as persoas integrantes xa que as dimensións do escenario garanten a distancia de seguridade entre as/os músicos.

O xerente Andrés Lacasa sinala que a capacidade do espazo permitirá que poidan actuar, cando isto sexa posible, ante o mesmo número de persoas que no Pazo da Ópera. Por outra parte, grazas á colaboración do IMCE e do concello, a Sinfónica estreará baixo a dirección de Dima Slobodeniouk unha cuncha acústica "igual ou mellor que a que tiñamos", asegura Lacasa, polo que non haberá un empeoramento da calidade artística nin das condicións do público. Para o seu primeiro recital, a formación interpretará un programa divertido, xa que nun principio se pensou en sintonía coas festas do mes de agosto.

Pese a que o directo será pechado, gravarase e compartirase a través da canle de youtube da OSG co fin de que as/os espectadoras/es poidan desfrutar de obras que forman parte de bandas sonoras como a de "O Padriño", "Braveheart" ou a de "O Señor dos aneis", dentro dun repertorio en que ofrecerán oberturas de Mozart e Verdi ou a peza "O ocaso dos deuses: Marcha fúnebre de Sigfrido", de Wagner.

A piques de chegar ás 100.000 subscricións en youtube, a plataforma da internet supón unha alternativa coa que seguir a tempada da Sinfónica. De feito, está obtendo unha resposta moi positiva do público ao se rexistraren na canle unha media de máis de 2.000 novas/os subscriptoras/es ao mes cun total de preto dun millón de visualizacións mensuais.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión