12 de abril de 2026
A actuación, parte da gran remodelación dos Cantóns, xuntará as dúas metades dos Xardíns de Méndez Núñez e creará a gran entrada o porto
O proxecto de remodelación dos Cantóns entrará o próximo luns 13 de abril nunha nova fase, co peche ao tráfico de Entrexardíns -para comenzar a súa peonalización- e o traslado da súa parada de autobús metropolitano á nova localización na rúa Alcalde Manuel Casás.
Con esta actuación, avánzase cara á unión das dúas duas metades dos Xardíns, co que se busca aportar unidade e coherencia estética ao conxunto da contorna facilitando o tránsito peonil coa creación dun percorrido aliñado que formará un paseo orientado á entrada do porto. A actuación afectará ata o treito final da rúa Santa Catalina.
"Estamos xa moi preto de ter uns Cantóns totalmente novos, cun proxecto que, mantendo a esencia histórica desta localización icónica, responda as demandas dunha cidade moderna. A transformación de Entrexardíns, con ese abrazo entre as dúas metades de Méndez Núñez, é unha parte fundamental e un novo paso importantísimo para estas obras", subliñou a alcaldesa, Inés Rey.
A formulación desta parte da actuación, tal e como figura na redacción do proxecto, busca concretar un nexo de unión entre as dúas metades de Méndez Núñez, hoxe separadas por Entrexardíns, e facer o tramo accesible aos peóns e peoas utilizando a zona onde hoxe se sitúa a parada de autobús como espazo de transición entre o espazo do xardín romántico e o do parque.
O corte de Entrexardíns e o traslado da parada do bus son as modificacións na mobilidade da zona nesta fase da obra. Polo demais, o tráfico mantense como ata agora en ambas as direccións, tanto no Cantón Grande como no Pequeno, e as zonas de carga e descarga seguirán estando situadas na rúa Nova e en Durán Loriga.
A remodelación dos Cantóns avanza a paso firme, con máis da metade da execución superada grazas ao traballo intensivo das obras nos últimos meses. A renovación xa actuou sobre máis de 12.000 metros cadrados de pavimento nas súas diferentes fases.

10 de abril de 2026

8 de abril de 2026

7 de abril de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible