Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de outubro de 2018

A piscina municipal de Riazor acolle este domingo unha nova edición dos Xogos Autonómicos de Natación Special Olympics Galicia

O concelleiro José Manuel Sande salienta “a vontade de integración e do fomento da práctica deportiva por riba doutras consideracións” da proba, na que participarán máis de 220 membros de 22 asociacións

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá a 22ª edición dos Xogos Autonómicos de Natación Special Olympics Galicia, que se celebrarán este domingo, 21 de outubro, na piscina municipal do Pazo dos Deportes de Riazor. A competición, que reunirá a máis de 300 persoas deportistas, adestradoras voluntarias e integrantes da organización, abrangue numerosas probas con distintos niveis e estilos de natación adaptada "para que as e os participantes poidan formar parte desta actividade en igualdade de condicións", explicou Sande. Neste sentido, o responsable municipal salientou "a vontade de integración e o fomento da práctica deportiva desde a súa vinculación á saúde destes Xogos, que priman por riba doutras consideracións e que inciden no que debe ser un dos obxectivos fundamentais do deporte".

A xornada, organizada por Special Olympics Galicia e na que colaboran Fademga Plena inclusión Galicia e Aspronaga, comezará ás 10.45 horas, cun desfile inaugural no que estarán presentes as e os máis de 200 deportistas de 22 asociacións galegas que participarán nestes xogos así como as súas adestradoras e adestradores. A competición, que ten por lema Quero gañar, mais se non o consigo, deixádeme ser valente no intento, desenvolverase a partires das doce da mañá, con probas de distintos estilos --costas, braza, bolboreta e crol-- e distancias --25, 50, e 100 metros--, ademais dunha proba de relevos. Cada deportista, tal e como explicou o presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández, poderá participar en até un máximo de 3 probas.

A competición, na que Aspronaga exercerá de anfitrioa, desenvolverase até as 19.00 horas, momento no que se celebrará o acto de clausura dos Xogos, así como a entrega dos trofeos e medallas ás e aos participantes. Entre os premios, recoñecerase co galardón Boas Prácticas do Deporte á entidade que destaque polo comportamento, cumprimento das normas, o xogo limpo e o compañeirismo das e dos membros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión