25 de xaneiro de 2017
A exposición da artista coruñesa, que poderá visitarse dende hoxe e até o 28 de febreiro, e na que predomina a escultura, mestura animais co entorno do océano e o monte
A Plataforma14, sala de exposicións situada no Fórum Metropolitano, acolle dende hoxe e até o 28 de febreiro a mostra Orballo do bosque cerúleo, da artista Sanda Villar Varela. Este espazo, dependente da área de Participación e Innovación Democrática, e coordinada polo Centro Municipal de Información Cidadá (CMIX), pretende visibilizar a creación realizada polos e polas artistas emerxentes da cidade.
A exposición conta con oito esculturas cerámicas, unha mostra de xoias, dez ilustracións de carácter animalista, a unha instalación na que os e as espectadoras se adentrarán no ambiente do bosque oceánico. Neste mostra, na que a escultura ten un lugar predominante, mestúranse os animais e o entorno do océano e o monte, "un bosque oceánico que sofre a desolación causada polo home".
O traballo de Sandra Villar, técnica superior en artes aplicadas á escultura e estudante de cerámica na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso, está profundamente ligado á natureza e, de forma especial, ao fondo mariño. Para máis información acudir a www.coruna.es/cmix/plataforma14.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible