Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de novembro de 2025

A presentación do catálogo da exposición ‘Seica na Coruña’, de Xesús Carballido, pon o punto e final á mostra do Quiosco Alfonso

Este sábado celebrarase o último dos obradoiros para nenos e nenas

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, participou esta tarde na presentación do catálogo da exposición 'Seica na Coruña', que incluíu unha visita guiada pola mostra de Xesús Carballido dirixida polo propio artista. A cidadanía poderá visitala no Quiosco Alfonso ata este domingo 23 de novembro.

'Seica na Coruña' reúne máis dun centenar de obras construídas a partir de obxectos atopadas e ensamblados: tipos de imprenta, etiquetas, botóns, conchas, xoguetes ou papeis en desuso que o artista transforma en colaxes e composicións de gran valor plástico, simbólico e emocional. "Desde o Goberno de Inés Rey apostamos pola arte galega na nosa principal sala de exposicións, achegando á cidadanía a obra e identidade de Carballido", indicou Castro.

Comisariada por Marta Lucio Gómez, a exposición percorre distintas series da traxectoria artística de Carballido. A súa linguaxe plástica, en diálogo co surrealismo e a estética do Pop Art, bebe tamén da tradición do objet trouvé e do ready-made, e reivindica unha arte feita desde a memoria e a emoción. Segundo o historiador e museólogo Felipe Senén, autor dun dos textos do catálogo, "Carballido argalla poesía visual con obxectos esquecidos, recoñecibles por todos, e convídaas a vivir de novo noutras narrativas, como quen ensambla versos soltos nun poema visual".

Este sábado celebrarase o último dos obradoiros programados en relación coa exposición. Será ás 12.00 horas e estará destinado a nenas e nenos de 8 a 14 anos. Baixo o título 'De excursión ao faiado', nesta actividade as persoas participantes, a partir dunha maleta con obxectos antigos, crearán pequenas exposicións temporais, reflexionando sobre o valor da memoria material e a reutilización creativa. As derradeiras prazas poden solicitarse, de balde, a través desta ligazón: https://ticketing.coruna.gal/arq/FaiadoSeica/

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión