Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de marzo de 2020

A Rede de Bibliotecas Municipais traballa na internet para lle ofrecer contidos culturais e información veraz á cidadanía

Os centros soben a diario enlaces de plataformas en que descargar libros ou realizar préstamos de distinto material, así como manteñen en activo os clubs de lectura (abertos para que se apunte de forma virtual a veciñanza que queira), e mais as sesións en familia

A Rede de Bibliotecas Públicas Municipais reúne para estes días de confinamento unha serie de iniciativas na web e a través do seu facebook, twitter e instagram, redes que tamén están dispoñibles para que as persoas usuarias contacten coas e cos profesionais destes centros.

Entre as actividades que promoven na internet, está a de informar de xeito fiable e sen ruído sobre a pandemia, para o que acoden a fontes oficiais. Seleccionan a diario plataformas de préstamo e descarga de lecturas, cine en streaming, playlist e podcast co fin de que a cidadanía acceda a contidos culturais de todo tipo. Tamén manteñen a comunicación coas e cos integrantes dos clubs de lectura presenciais. Nesta nova modalidade "virtual", abren as portas para que entren as veciñas e veciños que así o desexen.

Por outra banda, continúan coa programación coas familias con sesións diarias de contos. As coruñesas e coruñeses poden estar ao día da oferta cultural que a rede publica a través dos blogs que teñen en activo como Fancomic, Bibliosons, Blog de literatura e Blog de literatura infantil e xuvenil.

Neste aspecto, colaboran con artistas e escritoras/es locais para que presenten e falen da súa obra e canalizan as dúbidas que poidan xurdir nesta situación. Ademais, dan a coñecer iniciativas de particulares para frear a curva. Para as e os veciños que non frecuentan as redes, están pensando noutras propostas que as/os entreteñan e coas que poidan ampliar a súa bagaxe cultural. Irán informando sobre elas estes días.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión