6 de febreiro de 2024
O prazo de solicitude será do 6 ao 16 de febreiro
Ábrese unha convocatoria para solicitar praza nas escolas con 48 prazas vacantes. A súa adxudicación está sometida aos criterios de baremación sinalados nas Bases Reguladoras do proceso de admisión nas escolas infantís integradas na rede de escolas infantís municipais para o curso 2023-2024, publicadas no BOP nº 55 do 21 de marzo de 2023 e na resolución publicada no BOP nº 121 de 27 de xuño de 2023.
O prazo de solicitude será desde o 6 ao 16 de febreiro, ambas as datas incluídas. As solicitudes que resulten adxudicatarias de praza poderán formalizar a matrícula previa cita fixada pola escola correspondente.
LUGAR DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN
A documentación e a ficha de solicitude asinada polos dous proxenitores deberá presentarse, preferiblemente, no rexistro electrónico do Concello (https://sede.coruna.gob.es), nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de Procedemento Administrativo.
PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS E MATRÍCULA
As listaxes definitivas publicaranse o 22 de febreiro e a matrícula deberá formalizarse entre o 27 e o 28 de febreiro.
Documentos relacionados
8 de outubro de 2024
1 de outubro de 2024
28 de setembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible