30 de novembro de 2023
O prazo de solicitude será do 1 ao 12 de decembro, ambos os días incluídos
Ábrese unha convocatoria para solicitar praza nas escolas con 63 prazas vacantes. A súa adxudicación está sometida aos criterios de baremación sinalados nas Bases Reguladoras do proceso de admisión nas escolas infantís integradas na rede de escolas infantís municipais para o curso 2023-2024, publicadas no BOP nº 55 do 21 de marzo de 2023 e na resolución publicada no BOP nº 121 de 27 de xuño de 2023.
O prazo de solicitude será desde o 1 ata o 12 de decembro, ambas as datas incluídas. As solicitudes que resulten adxudicatarias de praza poderán formalizar a matrícula previa cita fixada pola escola correspondente.
LUGAR DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN
A documentación e a ficha de solicitude asinada polos dous proxenitores deberá presentarse, preferiblemente, no rexistro electrónico do Concello (https://sede.coruna.gob.es), nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de Procedemento Administrativo.
Documentos relacionados

15 de decembro de 2025

15 de decembro de 2025

12 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible