27 de xaneiro de 2017
O alcalde avanzou, tras unha reunión co presidente do ente portuario, que a semana que vén manterán un novo encontro, "unha vez que se sentaron as bases para acadar unha solución que garanta o uso público para todos os terreos que a Autoridade Portuaria pretende desafectar"
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reuniuse este venres na Autoridade Portuaria co presidente de Portos do Estado, José Llorca, e o presidente do Porto coruñés, Enrique Losada, nunha xuntanza na que, tal e como avanzou o rexedor coruñés, "sentáronse as bases para acadar unha fórmula que garanta tanto a titularidade como a xestión pública de toda a fachada marítima da Coruña", o que inclúe tanto os terreos da Solana e o hotel Finisterre, como tamén os peiraos de Batería, Calvo Sotelo e San Diego, terreos de titularidade portuaria que serán desafectados "a medio ou longo prazo". Este principio de acordo supón a paralización temporal da poxa prevista para a enaxenación dos terreos da Solana e o Finisterre, os primeiros que o Porto coruñés prevé desafectar. "Vimos de celebrar unha reunión frutífera, que supón un paso adiante, e que agora deberá baixar ao plano técnico", adiantou Ferreiro, que deu conta da próxima reunión que as tres partes manterán, o vindeiro 7 de febreiro, no Pazo de María Pita, para concretar a fórmula que permita garantir a xestión pública global de toda a operación de enaxenación dos terreos portuarios, así como a titularidade pública dos mesmos. O acordo, indicou Ferreiro ao remate do encontro, supón tamén buscar solucións que "contribúan a garantir as necesidades financeiras da Autoridade Portuaria e, polo tanto, o financiamento do Porto Exterior, necesidades coas que o Goberno local sempre se amosou empático".
O alcalde manifestou, nunha comparecencia pública co presidente de Portos del Estado unha vez rematada a xuntanza, que o Concello asume que a fórmula que se ache de cara a garantir o uso cidadán dos terreos da fachada marítima da cidade debe ser compatible coa sostibilidade económica da Autoridade Portuaria.

18 de decembro de 2025

17 de decembro de 2025

17 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible