28 de agosto de 2015
Hai un cambio de orientación, do económico ao solidario, salientou o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande
A Romería concentra no domingo o seu programa, onde ademais da exhibicións haberá pasarrúas, maxia, fogos artificiais e música, da man da Banda Municipal e a orquestra Miramar
O concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, expuxo na mañá deste venres o novo formato do concurso de empanadas da Romaría de Santa Margarita, que terá lugar o vindeiro domingo, día 30, como peche das festas de María Pita. A Romaría inclúe este ano unha exhibición solidaria de empanada, que se destinarán á Cociña Económica. “Hai un cambio de orientación. Nos parecía interesante ir da parte económica á solidaria”, indicou o responsable municipal, quen sinalou que as persoas participantes serán agasalladas con dúas entradas para un concerto do ciclo de abono do sábado da Orquestra Sinfónica de Galicia, dentro do respaldo do Goberno local pola actividade cultural da cidade e pola propia Sinfónica.
Este ano, o programa da Romaría concéntrase no domingo. “Ten que ver coa austeridade, pero tamén co xiro económico que se lle trata de dar ás festas. Non só pola situación económica senón pola valoración real que deben ter unhas festas”, subliñou Sande. Como adiantou, as actividades comezarán ás 11.30 horas cun pasarrúas a cargo da asociación cultural Donaire. De 11.00 a 12.00 horas abrirase o período de recepción de empanadas (sen que sexa precisa inscrición previa) e, de 12.00 a 12.30 horas desenvolverase a exhibición. Nos dous casos, a actividade terá lugar dentro do centro cívico de Santa Margarita. Ao mesmo tempo, desde as 12.00 horas, poderase escoitar á Banda Municipal, que actuará na escalinata da Casa das Ciencias.
Xa pola tarde, ás 17.00 horas, terá lugar o espectáculo do Mago Rafa, tamén na escalinata da Casa das Ciencias; ás 18.30 horas volverá actuar Donaire e ás 21.00 horas tocará a orquestra Miramar. O disparo pirotécnico co que se pecha o programa dará comezo ás 23.00 horas, despois do cal seguirá a música coa mesma orquestra.

14 de decembro de 2025

13 de decembro de 2025

12 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible