Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de decembro de 2015

A rúa Socorro recuperará mañá a súa tradicional denominación en cumprimento da Lei de Memoria Histórica

O acto do descubrimento da placa estará acompañado pola presentación do ciclo de cine 'Primavera da memoria' no Fórum Metropolitano e do blog 'Memoria do cárcere' na Casa Museo Casares Quiroga

 

O Concello da Coruña procederá mañá, 3 de novembro, a continuar cos cambios no rueiro en cumprimento da Lei de Memoria Histórica e do acordo ao que chegou o Pleno Municipal do Concello da Coruña no ano 2009. A rúa Socorro substituirá a actual denominación, Juan Canalejo, nun acto que terá lugar ás 19.00 da tarde na praza da Fuente Luisa. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, a concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, e o presidente da Cocina Económica, Alberto Martí, asistirán ao acto do descubrimento da placa da rúa, que recupera así o seu nome tradicional. Ao finalizar o acto o alcalde asistirá á presentación do blog “Memoria do cárcere” na Casa Museo Casares Quiroga. A páxina, promovida pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica e Proxecto Cárcere, amosa a intrahistoria da antiga cárcere provincial coruñesa a través de materiais audiovisuais e narracións ofrecidos polas persoas --e as e os seus achegados-- que foron recluídas nas instalacións.

Por outra banda, ás 20.30 horas, o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, asistirá á presentación no Fórum Metropolitano do ciclo “Primavera da memoria”, unha serie de catro mostras documentais que abordarán a Guerra Civil e as súas consecuencias, “unha etapa tráxica e decisiva na nosa historia recente”, segundo destaca o edil, quen avoga por realizar “unha necesaria e obxectiva reflexión” sobre o conflito.  

A estrea de ‘Hermanos Mayo’, de Xurxo Lobato; ‘La vieja Memoria’, de Jaime Camino; ‘O segredo da Frouxeira’, de Xosé Abad; e Memorias rotas (La balada del comandante moreno’), de Manane Rodríguez, serán os títulos que poderán verse o nas fins de semana do mes de decembro na Sala Fernando Rey. Na inauguración o responsable municipal estará acompañado do fotógrafo Xurxo Lobato, do Secretario da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, Rubén Afonso e o decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión