20 de setembro de 2015
As bandas do programa de Xuventude Locais de Ensaio apoiarán coa súa música unha recollida de alimentos a prol da Cociña Económica
Volve o Festival Solidario Coruña en Directo. Con esta, son oito as edicións do maratón musical que ofrecerán as bandas dos Locais de Ensaio a prol de institucións sociais da cidade. Nesta ocasión o concerto, a beneficio da Cociña Económica, terá lugar na sala O Túnel o vindeiro venres, día 25 de setembro, ás 20.00 horas.
Entre as agrupacións que forman parte de Locais de Ensaio, programa da Concellería de Participación e Innovación Democrática, atópanse formacións musicais con bagaxe como After All, Avézar, Us In the Mirror, Breathing Loud e Hateout. As bandas compartirán cartel con grupos que subirán por vez primeira ao escenario deste festival, como Harakiris, Psychoducks ou The Lemonade Society.
O evento solidario contará co actor coruñés Daniel Currás como mestre de cerimonia. A entrada ao concerto será con invitación e unha doazón de 3 quilogramos ou litros de alimentos non perecedoiros que serán entregados ao acceso a Sala O Túnel. Os convites poderán retirarse esta semana no Centro Municipal de Información Xuvenil e nos propios Locais de Ensaio. No caso de non esgotarse, poderán retirarse o mesmo día 25 no acceso á sala, até completar a súa capacidade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible