Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de maio de 2023

A segunda edición do concurso escolar ‘Imaxina Coruña’ premiou iniciativas para mellorar a accesibilidade e reducir a contaminación lumínica

A Domus acolleu este sábado a fase final do certame, no que tomaron parte alumnas e alumnos de centros educativos da cidade e a área metropolitana

A Domus acolleu este sábado a fase final correspondente á segunda edición do concurso escolar 'Imaxina Coruña', unha iniciativa promovida polo Concello a través dos servizos municipais de Educación e Museos Científicos, e que pon a proba a imaxinación e creatividade do alumnado de diversos centros educativos da cidade e a área metropolitana, contribuíndo á difusión da cultura científica e tecnolóxica.

Un ano máis, rapazas e rapaces que cursan Educación Secundaria levaron a cabo unha investigación por grupos na busca de solucións a problemas reais da sociedade. Fixérono en base á temática central desta segunda edición do concurso, a ciencia cidadá, 

Os IES Urbano Lugrís, IES David Buján, CPE Compañía de María e CPR Esclavas do Sagrado Corazón foron os centros educativos que chegaron á final do certame. O alumnado presentou diversos proxectos, de temática variada, orientados a avaliar a calidade de auga nas fontes, a contaminación lumínica, a medición de CO2 nas aulas, a creación de mapas sonoros da cidade e tamén lembranzas de edificios antigos.

No contexto do desenvolvemento dos seus proxectos, o alumnado participante contou coa colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), que elaborou unha app para dispositivos móbiles deseñada expresamente para a execución de proxectos de ciencia cidadá no eido escolar.

O xurado, integrado por Andrea Cadaveira, codirectora da Open Science Cambre 2022 e directiva de Asociación Xuvenil Xentde100cia; Diego Castro, gañador da Exporecerca Xove e do Water Prize España; María José Malmierca, directora de e-learning do CESGA; José Viñas, creador da Guía de Ciencia Cidadá da Xunta; e Patricia Barciela, directora técnica da Domus, que actuou como secretaria, determinou a listaxe de proxectos premiados:

  • Premio á Sostibilidade: proxecto 'I-luminados', do CPR Esclavas do Sagrado Corazón. O xurado destacou a importancia de minimizar o impacto dos diferentes tipos de luz sobre os seres vivos e a súa contorna.
  • Premio á Innovación: proxecto 'A que soa a cidade?', do CPR Compañía de María. O xurado valorou a variedade e enfoque no uso de aplicacións móbiles para a recollida e análise de datos.
  • Premio ao Compromiso Social: proxecto 'Coruña dos Coruñeses', do IES Urbano Lugrís. O xurado subliñou a sensibilidade do alumnado pola accesibilidade física e económica a unha enorme diversidade de sitios da provincia da Coruña, asi como a elevada participación cidadá na toma de datos.

As rapazas e rapaces gañadores desta segunda edición de Imaxina Coruña participarán na feira xuvenil Ztzienza Azoka de Bilbao. Neste sentido, o concelleiro de Educación, Jesús Celemín, que tomou parte no acto de entrega de premios celebrado na sala Leonardo da Vinci, animou ao alumnado a seguir avanzando no desenvolvemento das ideas presentadas hoxe na Domus.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión