Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de marzo de 2022

O último encontro produciuse no ano 2009 contra Bélxica, clasificándose para o Mundial de Suráfrica tras un triunfo de 5-0

A Selección Española de Fútbol volve xogar en Riazor despois de 13 anos

As entradas pódense adquirir a través da web www.tickets.rfef.es, de xeito individual ou en lotes grupais e familiares

O vindeiro martes 29 de marzo ás 20.45h, o Estadio Municipal de Riazor volve acoller á selección masculina española de fútbol nun partido amistoso contra a súa homóloga de Islandia. O partido supón un fito na historia deportiva da cidade pois non só é o primeiro despois de máis dunha década, senón que é o sexto disputado pola selección en Riazor.

Esta cita deportiva prodúcese despois de que o Concello da Coruña presentase a súa candidatura para que Riazor fose sede do encontro, do mesmo xeito que outras cidades solicitaron a acollida por parte dalgún dos seus edificios deportivos. Finalmente, a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) decidiu que A Coruña sería a cidade anfitrioa do amistoso contra Islandia, dando lugar ao regreso da Selección Española 13 anos despois do seu último partido.

As entradas para asistir ao evento poden mercarse en dous formatos: de xeito individual ou en lote familiar. No caso das entradas individuais, os prezos oscilan entre 25 e 65 euros segundo o sector e a zona escollida, e non poderán mercarse máis de seis unidades por operación. Pola súa banda, o bono familiar ten unha única tarifa de 75 euros e está composto por catro entradas: dúas infantís e unha de adulto como mínimo, podendo ser a restante de adulto ou infantil, segundo preferencia. A zona habilitada para este bono é o pavillón inferior, polo que está suxeito á dispoñibilidade das localidades. As entradas poden adquirirse en liña, a través da web tickets.rfef.es.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión