Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de abril de 2023

A sexta edición do Corufest terá lugar do 4 ao 14 de maio con 12 espectáculos en diferentes espazos da cidade

O festival explorará diversos eidos artísticos na busca de acadar un maior compromiso coa diversidade afectivo sexual

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou esta mañá a sexta edición do Corufest, un festival de artes escénicas para celebrar a diversidade en diferentes eidos da cultura e das artes escénicas. A rexedora estivo acompaña polos organizadores do evento, Gustavo del Río e Xosé Leis.

"O noso obxectivo apoiando esta iniciativa é impulsar a cultura, fomentar a divulgación en materia de igualdade e de dar visibilidade á diversidade", sinalou Inés Rey. Corufest continuará apostando polo talento galego emerxente en combinación con importantes artistas do panorama da danza e doutras artes escénicas como o teatro.

Nesta edición as sedes deste festival serán o Teatro Colón, o Teatro Rosalía de Castro, o auditorio e a biblioteca do Centro Sociocultural Ágora e a Fundación Luís Seoane. De novo, o programa desta edición aposta "pola divulgación e o contraste de ideas con numerosos obradoiros, xornadas e encontros nos que se reflexionará sobre a situación do colectivo LGTBI e se afondará no coñecemento sobre os creadores participantes", tal e como indicou a rexedora.

Nesta edición haberá dous espectáculos de danza, tres pezas teatrais, un encontro no Ágora, dúas xornadas de divulgación, un obradoiro de creación narrativa e tres actuacións de artistas emerxentes na Luís Seoane. "Estou segura de que a programación que hoxe se presenta satisfará a todos os públicos e permitiranos coñecer moi diversas propostas de distintos xéneros", apuntou Rey.

Programación

Danza

Los perros, de Led Silhouette e Marcos Morau

  • Sábado, 6 de maio, ás 20.30 horas. Teatro Rosalía de Castro

Manbuhsona, de IVONA

  • Sábado, 13 de maio, ás 20.30 horas. Teatro Rosalía de Castro

Teatro

Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos, de VACAburra

  • Venres, 5 de maio, ás 20.00 horas. Centro Sociocultural Ágora

Mevadeus, de Outrora Nós

  • Xoves, 11 de maio, ás 20.00 horas. Teatro Colón

Amour, de Marie de Jongh

  • Venres, 12 de maio, ás 20.00 horas. Teatro Colón

Los días ajenos de Bob, de Andrés Lima e Bob Pop

  • Sábado, 13 de maio, ás 22.00 horas. Teatro Colón

Encontros

Menú do Día, do Colectivo #ChamizoBelloVila

  • Xoves, 4 de maio, ás 20.00 horas. Centro Sociocultural Ágora

Encontro sobre creación e bullying: Roy Galán e Paco Tomás

  • Martes, 9 de maio, ás 20.00 horas. Biblioteca do Ágora

Encontro con Bob Pop

  • Venres, 12 de maio, ás 18.00 horas. Centro Sociocultural Ágora

Xanelas

Xanela identidade

  • Mércores, 10 de maio, ás 20.00 horas. Biblioteca do Ágora

Xanela Pink Washing

  • Xoves, 11 de maio, ás 17.30 horas. Biblioteca do Ágora

Domingos da Seoane

Sobre Sorpresa, de Aldaolado

  • Domingo, 7 de maio, ás 13.00 horas. Fundación Luís Seoane

Rabelo e Mondra

  • Domingo, 14 de maio, ás 13.00 horas. Fundación Luís Seoane

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión