13 de xaneiro de 2020
Os outros puntos para solicitala son o Centro Ágora e a estación de autobuses
O rexistro xeral de María Pita volve dispensar tarxetas Millennium, logo de solucionar os problemas técnicos para realizar a tramitación dun servizo que tamén está operativo nas oficinas do Centro Ágora e na estación de autobuses. A veciñanza pódese beneficiar coa tarxeta de descontos na utilización do transporte público e efectuar o pago do billete de autobús co moedeiro mediante o uso de lectores sen contactos. Ademais, as súas vantaxes inclúen o acceso ás bibliotecas municipais como socios e socias e o alugueiro de bicicletas en bicicoruna.es.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible