20 de setembro de 2015
A Torre iluminarase en solidariedade coas familias da cidade que manteñen a diario a loita contra esta enfermidade.
A Torre de Hércules iluminarase de morado mañá, día 21 de setembro, con motivo da celebración do Día Mundial contra o Alzheimer en solidariedade coas familias da cidade que manteñen a diario a loita contra esta enfermidade.
A Torre mudará a súa luz habitual co fin de sensibilizar á veciñanza sobre a doenza a petición da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer A Coruña (AFACO). O o monumento, na súa vontade de ser solidario con iniciativas da cidadanía, iluminarase tamén o vindeiro 2 de outubro de cor verde en apoio á Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (FADEMGA FEAPS Galicia)

9 de decembro de 2025

26 de novembro de 2025

25 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible