Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xaneiro de 2024

A tripulación do ‘Biobizz’, gañadora das J80 Sailing Series Finals, que se celebraron esta fin de semana nas augas da Coruña

Na regata participaron as mellores tripulacións a nivel nacional na clase monotipo J80, con equipos procedentes do País Vasco, Cantabria, a Comunidade Valenciana, Cataluña e tamén de Galicia

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou este domingo no acto de entrega de premios aos gañadores das J80 Sailing Series Finals, unha competición náutica amparada pola Federación Española de Vela e o Consello Superior de Deportes (CSD), e que esta fin de semana, en augas da Coruña, puxo a proba ás mellores embarcacións da clasificación nacional na clase monotipo J80.

Un total de 12 tripulacións de J80 tomaron parte na regata, proba organizada polo Real Club Náutico da Coruña coa colaboración do Concello, e incluída na programación da Semana Abanca versión Rías Altas. Durante a xornada do sábado, desde as 11.00 horas, equipos procedentes de San Sebastián e Getxo (País Vasco), Santander e Castro Urdiales (Cantabria), Barcelona (Cataluña), Alacante (Comunidade Valenciana) e tanto de Baiona como da Coruña (Galicia) disputaron unha liguiña clasificatoria.

Entre os regatistas participantes estivo o coruñés Miguel Fernández Vasco, a bordo do 'Kotablue'. Con el, José María Cunha, polo MRCY de Baiona; Ignacio Camino, Pichu Torcida e David Madraz, polo RCM Santander; José Azqueta, Juan Llano Urrechaga e Adelmo Antelo, polo RCMA-RSC de Getxo; Olatz Muñoz, polo RCN de San Sebastián; Peru Múgica, polo RCN de Barcelona, e José Manuel Ruiz, que representou ao RCR de Alacante.

A 'Biobizz', de Getxo; e as 'Solintal', 'Fredo Estrella del Norte' e 'Zona Franca Santander', de Santander, foron as catro embarcacións clasificadas para a gran final, levada a cabo xa este domingo, e na que a tripulación do 'Biobizz' foi a gañadora.

Na entrega de premios, o concelleiro de Deportes destacou "a calidade e o prestixio deste evento", así como "o compromiso do Goberno de Inés Rey para a posta en valor da Coruña como cidade de referencia para os deportes náuticos, tanto a través de programas formativos de base como coa realización de grandes eventos como as finais das J80 Sailing Series". Manuel Vázquez incidiu, ademais, "no esforzo do Real Club Náutico da Coruña para que A Coruña fose a sede da regata".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión