Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de marzo de 2024

O evento terá lugar o 13 de marzo no Teatro Rosalía e contará coa participación de Fillas de Cassandra, Xosé A. Touriñán, Dani García, Xurxo Fernandez, Sue Moreno, Alfredo Muíño, Sahar Shatat e Iván Prado

Á venda as entradas para a gala solidaria con Palestina ‘Cultura contra a barbarie’

As entradas, xa dispoñibles en ataquilla.com, teñen un prezo único de 10 euros, recadado para Gaza Stars Circus School

Xa están á venda as entradas para a gala 'Cultura contra a barbarie', un evento solidario co pobo palestino que terá lugar o vindeiro 13 de marzo, ás 20.30 horas, no Teatro Rosalía de Castro. "As administracións locais non somos alleas á realidade global. Este Goberno municipal está comprometido coa defensa da paz e a xustiza e de aí a nosa colaboración con este gran evento solidario co que esperamos achegar o noso gran de area para axudar na cooperación e axuda humanitaria", sinalou Gonzalo Castro, concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade e responsable da área de Cultura.

As entradas, dispoñibles xa para a súa compra en liña a través da web ataquilla.com, teñen un prezo único de 10 euros. Todo o recadado irá destinado á Gaza Stars Circus School, unha entidade local coa que colabora Pallasos en Rebeldía e que traballa directamente con nenos e nenas, proporcionándolles bens básicos como alimentos, medicinas e roupa.

O espectáculo estará presentado pola actriz Isabel Risco e contará coa participación de Fillas de Cassandra, Xosé A. Touriñán, Dani García, Xurxo Fernandez, Sue Moreno, Alfredo Muíño, Sahar Shatat e Iván Prado. "É un pracer contar con tantos e tan importantes nomes do panorama galego, mostra de que a cultura galega non só ten unha grande calidade artística senón tamén humana" apuntou Castro. Estes elenco de artistas galegos súmase así a outras celebridades do mundo da música como Rozalén, Coque Malla ou Ismael Serrano que xa expresaron o seu apoio á causa palestina, e que o público coruñés terá oportunidade de presenciar ao longo de 2024 na cidade.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión