Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de outubro de 2023

Pola capacidade reducida das sesións, recoméndase a asistencia dunha única persoa adulta por cada pequena ou pequeno

Á venda as entradas para a programación de outono do ciclo Bebescena 2023, con tres espectáculos infantís ata finais de ano

O calendario de actuacións ábrese o vindeiro domingo 29 de outubro no Centro Ágora, coa ‘Silforiña’ de Golfiños

O Concello da Coruña vén de poñer á venda as entradas para a programación de outono do ciclo Bebescena 2023, que contará con tres espectáculos infantís ata finais de ano no Centro Ágora.

O calendario de actuacións do 'Bebescena' de outono abrirase o vindeiro domingo 29 de outubro con 'Silforiña', da compañía Golfiños. Trátase dun espectáculo orientado ao público familiar, con bebés dende os 6 meses ata os 3 anos, que combina a música e narración para contar a historia de Silforiña, unha nena que mira a vida a través da fiestra da súa casa e que soña con facer un novo camiño.Silforiña, atraída polas cantigas dos golfiños, perdera o medo e superará os soños e medos da infancia.

O espectáculo, que terá lugar o domingo 29 de outubro en dúas sesións, ás 11.30 horas e ás 13.00 horas, ten unha duración prevista de 45 minutos. As portas pecharanse 15 minutos antes do inicio do espectáculo.

O ciclo 'Bebescena' súmase á programación teatral posta en marcha dende o Concello para nenas e nenos a través dos ciclos Todo Público e Todo Público Escolar, pioneiros na programación familiar e escolar a escala nacional hai xa 34 anos.

Dous espectáculos máis, ata finais de ano

Tras 'Silforiña', de Golfiños, a programación continuará ata finais de ano con dous novos espectáculos no Centro Ágora:

  • 12 de novembro (11.30 e 13.10 horas): 'OVO', de Wetumtum.
  • 10 de decembro (11.30 e 13.00 horas): 'Paisatges', de Estud1.

Todos os espectáculos están previstos para unha capacidade máxima de 80 asistentes polo que se recomenda que acuda só un adulto en compañía de cada menor.

A venda de billetes, xa dispoñible

O prezo das entradas é de 6 euros para o público xeral e de 2 euros no caso de menores de tres anos. Ademais, o Concello impulsou un abono familiar, con tres entradas para unha mesma función, por 15 euros.

A venda de billetes xa está aberta e dispoñible no despacho de billetes do IMCE situado na praza de Ourense, de luns a venres (agás festivos) de 11.00 a 15.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas; no despacho de billetes do Centro Sociocultural Ágora desde unha hora antes do comezo de cada espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles); e tamén a través da páxina web de Ataquilla.com.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión