Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de setembro de 2022

A "Volta a Oza" agárdate, esta vez en imaxes

As mellores fotografías e o vídeo da quinta proba de Coruña Corre xa está dispoñible

Máis dun milleiro de persoas apuntáronse á "Volta a Oza" e agora poden revivila en imaxes.

As mellores fotografías e o resumo, en vídeo, da quinta proba do Circuíto Coruña Corre, están xa dispoñibles.

Instantáneas para o recordo dunha travesía que partiu do parque de San Diego e pasou tamén polos de Oza e Eirís.

Son imaxes que reflicten o esforzo e a capacidade de superación de quen afrontou o reto de correr polos barrios herculinos nunha mañá deportiva con sol e temperatura estival.

Tamén expresan a alegría de compartir circuíto con decenas de persoas, lonxe da soidade que moitas veces acompaña os adestramentos, ou a sensación de dalo todo coas zapatillas de correr e o pracer de acadar a meta coa satisfacción de chegar á meta (ser "finisher") pero coa mente xa na seguinte etapa, porque Coruña Corre ten máis por diante.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión