27 de maio de 2022
O Circuíto Coruña Corre afronta unha paréntese ata o mes de setembro, aínda con tres carreiras por disputar en 2022
Achégase o verán e despois dun intenso mes de maio en Coruña Corre, o circuíto de carreiras populares, o de 'A xente dos barrios', toma un respiro. A tempada renovarase en setembro, aínda con tres carreiras por disputar, incluída unha sorpresa.
Coruña Corre xa chegou ao seu ecuador. E si, falamos de ecuador porque, aínda que inicialmente estaban previstas sete probas e levamos catro, teremos unha nova cita no circuíto (Permanecede atentas e atentos!).
O ano comezou cunha proba invernal, o 23 de xaneiro, a sexta edición da carreira de Matogrande.
Despois, deulle a benvida á primavera o 26 de marzo coa décima entrega da carreira da Torre de Hércules #IMPORTAEMOITO, que veu acompañada dunha andaina, unha proba que se realizou á luz do faro romano e que tivo carácter solidario.
A principios de maio, a actividade trasladouse a San Pedro de Visma para afrontar a baixada con maior subida do circuíto, que xa vai polas trece edicións, e, preto de alí, nos Rosales, 'a xente dos barrios' deu conta o pasado domingo da cuarta proba do ano, que realizou a súa novena edición.
Achégase o verán e Coruña Corre abre unha paréntese que finalizará o 11 de setembro. Ese día, regresará coa Volta a Oza. A inscrición abrirase unhas semanas antes e cerrarase o 4 de setembro ás 23:59 horas.
Xa en outubro, concretamente o día 23, chegará a quenda da carreira do Ventorrillo e a último fin de semana de novembro, o domingo 27, Coruña Corre cerrará a tempada en Novo Mesoiro. E ollo, porque ás sete probas previstas, sumarase unha máis. Seguiremos informando...
26 de novembro de 2023
20 de novembro de 2023
22 de outubro de 2023
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible