Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de maio de 2025

A xornada Estudios Abertos deste sábado 10 contará con 14 actividades complementarias abertas á cidadanía

A iniciativa, na que participan 39 espazos artísticos da cidade, contará tamén visitas guiadas

Este sábado, 10 de maio, celebrarase unha nova edición da xornada de portas abertas Estudios Abertos, coa participación dun total de 39 talleres artístico da cidade, catro máis que a edición anterior. "Desde o Goberno de Inés Rey buscamos dinamizar as artes plásticas da cidade e poñer en valor aos nosos creadores e creadoras con esta iniciativa, que permitirá á cidadanía coñecer e visitar numerosos espazos creativos dos barrios", apuntou Gonzalo Castro.

A xornada terá un horario de 11.00 a 21.00 horas e participarán profesionais das diferentes artísticas: escultura, pintura, fotografía, ilustración, debuxo, cerámica ou multidisciplinar. O acceso para a cidadanía é gratuíto e diferentes estudios contarán con programación complementaria e visitas guiadas abertas ao público. En total, haberá 14 actividades paralelas.

O obxectivo desta xornada é coñecer de primeira man os artistas coruñeses, os seus centros de traballo e creación e os seus procesos creativos. Son todos eles e elas profesionais radicados na cidade e que desenvolven o seu traballo nela. O detalle de todas as actividades paralelas desta edición pode consultarse nas redes sociais de Estudios Abertos e na páxina web www.coruna.gal/estudiosabertos.

Actividades paralelas

Durante a xornada, as artistas non só abrirán as súas portas para amosar o traballo desde dentro, senón que aproveitarán para facer diversas actividades enfocadas ao público asistente. Tamén haberá visitas guiadas nos estudios de Xermán Rodríguez, Carlota Bueno, Eduardo Valdés, Pilar Fandiño, Luisa Valdés e María Aguirre. Esta é a relación por estudio:

Carmen Soriano Pereda

Presentación da instalación Espacio en Obra, xunto coa paisaxe sonora creada polo músico Miguel Ángel Fernández.

Chelo Facal

Aparte das visitas guiadas que ofrecerán Chelo Facal e Alberto Franco de 11:30 a 15:00 e de 16:30 a 19:00,  María Piensos Linares e Willy Eter farán unha performance ás 19:30.

Edgar Ortiz

Desenvolverá unha visita guiada infantil ás 11 horas. Trátase dunha visita didáctica polo proceso artístico amosando as distintas zonas, características e materiais usados do estudio.

Ese Sitio (Mónica Borrás)

Obradorio 'Crea tu monstruo', impartido por Morato Por. Destinado á rapazada de a partir dos 3 anos, crearán un monstro de forma libre nunha tarde chea de imaxinación e creatividade. Celébrase a partir de 17:30 horas.

Espazo Salgado

As artistas María Salgado e Xosé Salgado durante a xornada no Espazo Salgado, desenvolverase unha intervención pictórica na cristaleira do local de 4,1 x 2,8 m.

Gosia Trebacz (STO LAT_ taller de arte_ laboratorio de ideas)

Ademais das visitas guiadas (11:00-12:00h, 16:00-17:00h e 19:00h), a artista ofrecerá no seu estudio as actuacións musicais de César de Centi y Pedro Lamas e un recital de poesía a cargo de José Vázquez Liste e Xoán Pedreira.

Lidia Carrión

Obradoiro de técnicas mixtas de 10:00 a 12:00 horas (prazas limitadas)

Manuel Suárez

Da man de Fatfish DJ no estudio de Manuel Suárez haberá sesións de tecno e imaxes durante toda a xornada.

Mónica Coto

Obradoiro de collage e creatividade de 11.00 a 12.00 horas (inclúe o material) e concerto con María Carolina e as súas versión de Led Zeppelin ás 13:30.

Noemí Penela

Obradoiro infantil "Pintando con plantillas" impartido por Noemí Penela e Ingrid Soilán de 12:00 a 14:00 horas. Ademais, ás 17:30 as actrices Uxía Vázquez e María Polo e a cantante María Garat inspiraranos con "La visita de las musas".

Nunca Choveu (Špela Trobec y Luis Rapela)

Lectura de poemas do poeta Carlos Abeledo ás 13:00 horas.

O raposo púrpura (Nacho Martínez)

Proxección da curtametraxe de Elis Prostotak "the Graeae" (2023)

Victoriano Fernández

Realización dunha peza pictórica entre os catro artistas que participan no estudio este ano. Elaborarase de 18:30 a 20:30 e ao finalizar poxarase entre o público asistente.

Viena's Studio

Sofía Cabrera fará unha demostración da técnica óleo con espátula de 17h a 18:30h. Ademais a realización dunha obra colectiva: haberá dispoñible un lenzo no que todo o que visite o estudio poderá probar a facer un trazo en acrílico con espátula.

Xulia Weinberg

Clases de acuarela impartidas por Víctor Rodríguez ás 11.00 e Xulia Weinberg ás 17.00 horas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión