Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de febreiro de 2020

A Xunta de Goberno do Consorcio para a Promoción da Música aproba o orzamento para este ano por 9,5 millóns

Na reunión desta mañá, o organismo deulles luz verde a unhas partidas que se expoñerán no BOP nun período de 15 días para a presentación de reclamacións

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta mañá a Xunta de Goberno do Consorcio para a Promoción da Música, en que tamén participou o concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, e que aprobou o orzamento para o exercicio 2020 por un importe de 9.520.021,81 euros. No apartado de gastos, os referidos ao persoal supoñerán 7.452.679,25 euros, mentres que destinará 2.036.298,07 a bens e servizos. Canto a investimentos reais, estes sumarán 35.511,69 e non haberá transferencias de capital. Nos capítulos de ingresos, un total de 1.211.923,52 euros corresponden a taxas, prezos públicos e outros; 8.323.085,49 euros proveñen de transferencias correntes e 2.000 euros de ingresos patrimoniais.

A Xunta de Goberno do organismo deulle luz verde tamén ao anexo de persoal, que comprende todos os postos de traballo reservados a funcionarias/os, persoal laboral e eventual. As partidas, as bases de execución e o cadro de persoal aprobados expoñeranse no prazo de 15 días no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e no taboleiro de anuncios e sede electrónica do Consorcio, por se as persoas interesadas consideran oportuno presentar reclamacións.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión