Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xaneiro de 2026

A Xunta de Goberno Local aproba a organización da III Cume REAIM, financiada integramente polo Ministerio de Asuntos Exteriores

O foro internacional sobre o uso da intelixencia artificial no ámbito da defensa celebrarase os días 4 e 5 de febreiro de 2026 na Coruña, ao abeiro dun convenio de colaboración entre o Concello e o Minsterio

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o expediente de contratación para a organización da III Cume REAIM (Responsible Artificial Intelligence in the Military Domain), que converterá A Coruña en sede do principal foro internacional sobre o uso da intelixencia artificial no ámbito militar. O evento celebrarase os días 4 e 5 de febreiro de 2026 e reunirá na cidade a delegacións institucionais de máis de 40 países, organismos multilaterais, representantes do sector tecnolóxico e institucións académicas.

A celebración da cume será impulsada polo Concello da Coruña, mais o financiamento será asumido na súa totalidade polo Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, en virtude dun convenio de colaboración asinado entre ambas administracións cunha aportación estatal de 2 millóns de euros. O orzamento base de licitación ascende a 1.413.805 euros.

A elección da Coruña como sede responde ao seu papel destacado no ámbito da gobernanza tecnolóxica, ao albergar a sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA). O evento desenvolverase no centro de congresos Palexco, único espazo da cidade que garante as condicións técnicas, operativas e de seguridade necesarias para un encontro de alto nivel institucional e carácter reservado.

A celebración deste foro internacional suporá un impulso á proxección exterior da cidade e xerará un impacto económico directo nos sectores hostaleiro, hoteleiro e comercial. Trátase dunha oportunidade estratéxica para A Coruña, que reforza o seu posicionamento como referente en gobernanza tecnolóxica, nun marco de colaboración institucional e sen repercusión económica para os recursos municipais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión