Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de decembro de 2023

A Xunta de Goberno Local aproba dar continuidade á bonificación das tarifas do transporte urbano na Coruña

As achegas do Concello da Coruña e o Estado reducen o custo dos billetes á metade. As tarifas reducidas seguirán vixentes o vindeiro día 1 de xaneiro e, como mínimo, ata finais de decembro do 2024

Este venres, a Xunta de Goberno Local aprobou o expediente correspondente ás bonificacións nas viaxes no transporte urbano da Coruña, polo que as tarifas reducidas seguirán vixentes o vindeiro día 1 de xaneiro e, como mínimo, así seguirá a ser ata finais de decembro do 2024.

"Hoxe damos continuidade á bonificación municipal do 20% do custo na tarifa do autobús urbano. Reitero, unha bonificación asumida polo Concello e necesaria para obter a bonificación do 30% estatal, xa que a Xunta nin está, nin se lle espera", dixo a alcaldesa, Inés Rey, que lamentou a falta de colaboración por parte da Administración autonómica á hora de contribuír nesta iniciativa na cidade. "Esta medida é fundamental para seguir avanzando á hora de promover o transporte colectivo e non o vehículo particular. Tamén no referente a concienciar sobre a importancia de apostar por unha mobilidade máis sostible na paisaxe urbana. Isto esixe un esforzo e unha colaboración interadministrativa que si se ve plasmada nas achegas do Concello e o Estado, non así da Xunta", destacou.

Ao darlle continuidade ás bonificacións no transporte, o prezo do billete do bus urbano manterase en 0,38 euros por viaxe na tarifa xeral, en 0,12 euros na social e 0,15 euros por traxecto na universitaria. Desta forma, o vindeiro 1 de xaneiro seguiranse a aplicar tarifas reducidas sempre e cando se empregue como medio de pagamento a tarxeta moedeiro Millenium. A medida terá vixencia, en principio, ata o 31 de decembro do 2024.

Licitación dos campamentos que promove a Área de Benestar Social

A maiores, tamén hoxe, a Xunta de Goberno Local autorizou a saída a licitación do contrato correspondente aos campamentos urbanos de verán e Nadal, así como aos campamentos de día e campamentos tradicionais de verán, tres lotes aos que se suma un cuarto, o do servizo de preinscrición en liña e a xestión das solicitudes de participación nos campamentos municipais.

Estes programas, promovidos pola Área de Benestar Social co obxectivo de facilitarlle ás familias unha ferramenta de conciliación nos períodos de vacacións escolares, suporán un investimento conxunto de 585.000 euros, importe correspondente aos dous anos de duración inicial do contrato.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión