Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de maio de 2023

A xunta xeral da EMVSA aproba de forma unánime a ampliación do capital social, que permitirá reforzar servizos como BiciCoruña

Dita ampliación, de 470.000 euros, recibiu luz verde esta mañá e permitirá acometer unha mellora xeral dos servizos municipais que están a ser xestionados por EMVSA

A xunta xeral de accionistas da Empresa Municipal de Vivenda, Servizo e Actividades (EMVSA), convocada este luns e celebrada no Palacio Municipal de María Pita, aprobou de forma unánime unha ampliación do capital social da empresa por valor de 470.000 euros.

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta mañá a sesión. O punto principal na orde do día foi a aprobación desta medida, coa que está previsto un reforzo xeral dos servizos municipais que están a ser xestionados por EMVSA.

É o caso de BiciCoruña, que vén rexistrando un incremento de usos dos vehículos mes a mes e conta, actualmente, con 43 estacións operativas na cidade. Neste sentido, está previsto que a ampliación de capital social, plantexada para satisfacer as necesidades xerais da EMVSA, permita dar continuidade ás melloras de loxística plantexadas por Mobilidade ao abeiro do plan de expansión de BiciCoruña a todos os barrios.

A este respecto, EMVSA é a encargada de xestionar, por exemplo, o servizo de préstamo de bicicletas. O persoal da Empresa Municipal de Vivenda, Servizo e Actividades tamén se encarga de todo o referente á loxística do servizo de BiciCoruña, que abrangue o reparto e reposición diaria dos vehículos nas estacións xa activas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión