Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de abril de 2024

A XVII Feira Matemática organizada polo Concello reúne a 18 centros educativos da cidade

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, visitou os 31 postos do alumnado instalados en Palexco

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, visitou esta mañá a XVII Feira Matemática, organizada polo Concello e a Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática. Nesta edición, o lema da feira é a relación entre a agricultura e as matemáticas. Máis dun milleiro de estudantes de 18 centros educativos da cidade participan este sábado neste evento, celebrado en Palexco, onde están instalados 31 postos ou casetas nos que o alumnado presenta os proxectos que desenvolveron nas aulas.

"O Goberno de Inés Rey impulsa actuacións singulares en materia educativa como esta feira e outros moitos eventos dentro do programa Coruña Educa", sinalou Vázquez. A Feira Matemática é unha xornada pensada para a divulgación das matemáticas e dirixida aos alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional así como ao profesorado de Matemáticas e a todo o público en xeral. 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión