3 de agosto de 2015
O concelleiro de Culturas cualificou a feira, que se desenvolverá entre os días 10 e 16 deste mes, como un dos eventos máis importantes da cidade e salientou a súa programación didáctica, na que participarán máis de 200 nenos e nenas.
Viñetas desde o Atlántico estrea este ano emprazamento nos xardíns de Méndez Núñez, moi preto do Kiosco Alfonso, onde se atopa unha das súas exposicións principais. Será no espazo que ocupaban as casetas rexionais, ?unha ubicación fantástica, que favorecerá moitísimo ao salón?, segundo destacou na mañá deste luns Manel Cráneo, coordinador das actividades que se desenvolverán nesta 18 edición do evento. Será alí, onde se celebren, durante a tarde do sábado, día 15, as actividades do que está considerado como o ?día grande? da feira, que terá lugar entre os días 10 e 16 deste mes.
Á presentación do programa asistiu tamén o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, quen salientou o traballo que se está a facer desde o Concello dentro da súa aposta polo Viñetas, ?un dos eventos máis importantes desta cidade e, ademais, unha cita tradicional, consolidada, referencial?. Neste sentido, o responsable municipal aludiu ás actividades vinculadas ás bibliotecas que se están a deseñar ou ao plan municipal de lectura no que xa traballa a súa concellería, e que incluirá esta disciplina. Sande referiuse tamén á busca dun espazo expositivo que poida acoller de forma permanente mostras vinculadas ao cómic e á ilustración.
O concelleiro destacou ademais o papel pedagóxico da feira do cómic e cualificou a súa programación didáctica como ?unha das súas claves?. Neste sentido, o director do salón, Miguelanxo Prado, sinalou durante a presentación desta mañá a importancia das actividades didácticas que se desenvolverán no Ágora e o Forum, para ?ir enganchando a novas xeracións, potenciar á xente que amose interese ou maneiras, e tamén na finalidade case principal de prolongar as actividades do Viñetas?, sobre todo de cara ás entidades da cidade como os institutos ou a escola Pablo Picasso, ?de tal xeito que a banda deseñada teña tamén esa compoñente de portas abertas para ir deixando entrar a novos autores e autoras?. Nos obradoiros participarán máis de 200 rapaces.
Prado tamén incidiu na presenza feminina nesta edición do salón do cómic, que por primeira vez conta con máis invitadas mulleres que homes e que, segundo subliñou o seu director, mantén o obxectivo central do evento, que é ?amosar ao público xeral a amplísima gama de temáticas, deestilos e incluso de posturas creativas que hai dentro da banda deseñada?. ?No caso das mulleres, nos últimos anos ocuparon espazos que os autores deixamos moito tempo descoidados?, recoñeceu.
Máis información sobre o programa, os autores e autoras convidados, os espazos expositivos e asactividades en: http://www.vinetasdesdeoatlantico.com.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible