23 de xuño de 2023
Prestacións para os máis de 2.000 corredores e corredoras que están inscritos para a Popular de Matogrande do próximo domingo
A carreira de Matogrande, primeira cita do circuíto CoruñaCorre e que terá lugar este domingo no barrio coruñés, ofrecerá ás persoas participantes variados servizos para que poidan competir e gozar plenamente do día da carreira. As carreiras, desde a categoría Absoluta a Peques, terán saída e meta na rúa Sebastián Martínez Risco (á beira do colexio Liceo A Paz).
Os dorsais poderanse recoller o domingo 25 de xuño ata unha hora antes da saída de cada carreira.
Grazas ao código QR que leva o dorsal, todos os runners poderán coñecer a súa crono ao finalizar a carreira.
Nesta carreira, o servizo de roupeiro e duchas estarán dispoñibles no Colexio Liceo La Paz, o servizo de duchas de 10.30 a 12.00 h e o de roupeiro de 09.00 a 12.00 h
Ao final da proba, todos os corredores recibirán avituallamiento sólido, grazas á colaboración de Sanbrandán e Gadis, e líquido por cortesía de Coca Cola.
Todos os corredores e corredoras da categoría "Peques" recibirán unha medalla conmemorativa só por participar na proba. Debido ao gran número de corredores da categoría de "Peques", nacidos en ano 2016 e posteriores, estableceranse tantas quendas de saída como sexan necesarias. As persoas participantes nesta categoría esperarán en caixóns de saída pechados e controlados por monitores ata o momento no que serán conducidos á liña de saída.
A entrega de premios terá lugar ao redor das 12.30 horas, condicionada este horairo pola participación na categoria de peques no palco situado na zona interior cuberta do Colexio Liceo La Paz.
Son os servizos que se merecen os máis de 2000 corredores e corredoras inscritos na carreira, os grandes protagonistas do próximo domingo.

30 de novembro de 2025

21 de novembro de 2025

17 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible