20 de xaneiro de 2025
Os establecementos de hostalería que desexen participar poden anotarse ata este venres 24
Esta décima edición celebrarase do 13 de febreiro ao 9 de marzo
A Coruña celebrará este ano a décima edición das Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos - 'Lacónicas'. O evento gastronómico de referencia na cidade desenvolverase do 13 de febreiro ao 9 de marzo e os establecementos de hostalería que desexen participar poderán inscribirse ata ás 14:00 horas deste venres 24. "O Goberno de Inés Rey aposta un ano máis polo turismo gastronómico a través desta iniciativa que busca reivindicar un dos xantares máis populares de Galicia da man da hostalería coruñesa", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
Todos os locais deberán participar baixo o modelo de 'Menú Lacónicas, Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos' e elaborar un menú tradicional baseado na proposta gastronómica popular da laconada. Cada un dos establecementos terá que ofrecer un único menú elaborado, principalmente, con produtos galegos de quilómetro 0.
Todos os menús deberán estar compostos por un primeiro (sopa ou similar), un prato principal (laconada) e unha sobremesa clásica (filloas e/ou orellas) ademais de incluír bebida (auga/refrescos/cervexa/adega de denominación de orixe galega) e café (opcional). O prezo da proposta terá oscilar entre os 20 e os 40 euros por persoa.
A participación nestas xornadas é gratuíta. Quen desexe participar deberá solicitar un formulario online a través do correo electrónico xornadaslaconicas@gmail.com. As bases poden consultarse nesta ligazón.
24 de abril de 2025
23 de abril de 2025
16 de abril de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible