11 de febreiro de 2022
Está organizado por IGACIENCIA en colaboración co Concello da Coruña
IGACIENCIA e o Concello da Coruña organizan unha nova edición do concurso Sensores para todos/as co obxectivo de achegar a xente nova á programación e ao uso das tecnoloxías electrónicas e robóticas.
Ata o 1 de xuño é posible presentar propostas. O concurso centrarase en experimentos con sensores con Arduino, Raspberry Pi, Smartphones e tabletas (Android ou IPhone) e Robots Lego ou Mbot. Pero tamén aplicacións con GPS e, por que non, Internet das Cousas, conectando en rede e coa rede os sensores.
Trátase de darlles unha nova e inesperada función a estes materiais, por exemplo: facer recollida de datos ("datalogging") e representar os resultados de varios experimentos científicos; formular e responder con datos a varias preguntas; coñecer novas leis científicas; manexar Calc ou Excel para facer representacións gráficas que permitan sacar conclusións dos datos recollidos polos sensores etc.
O concurso está dirixido a grupos de alumnos e alumnas de centros educativos de ducación primaria ata bacharelato e Formación Profesional de grao medio.
Organizado por IGACIENCIA, o Concello da Coruña colabora neste concurso patrocinando os premios que consisten en material de informática-tecnoloxía para os centros educativos gañadores por importe máximo de 300 euros no caso do primeiro premio, e 200 euros no caso do segundo.
26 de abril de 2024
26 de abril de 2024
24 de abril de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible