Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de setembro de 2023

Aberto o prazo de inscrición para a carreira popular do Ventorrillo, do circuíto Coruña Corre

A proba, sexta da presente edición do circuíto, será o 22 de outubro

O circuíto de carreiras populares Coruña Corre regresará o vindeiro domingo 22 de outubro coa IX Carreira Popular do Ventorrillo. Trátase da sexta proba desta décima edición e este martes ábrese o prazo de inscrición.

O Goberno de Inés Rey continúa apostando por este circuíto como un dos piares dos eventos deportivos da cidade. O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 15 de outubro, unha semana antes da competición, ás 23.59 horas. As persoas interesadas en participar nesta proba poderán apuntarse na seguinte ligazón.

O circuíto de carreiras populares Coruña Corre afronta a súa última parte da tempada co obxectivo de fomentar a práctica deportiva en todos os barrios da cidade. A proba terá a súa saída e meta na rúa Alcalde Jaime Hervada, no cruzamento con Alcalde Salorio Suárez. As persoas inscritas no circuíto non precisan recoller un novo dorsal.

Tras esta proba do Ventorrillo só faltará a derradeira carreira para dar por pechado o circuíto na súa décima edición. O último día de competición será o 26 de novembro coa carreira popular de Novo Mesoiro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión