Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de abril de 2023

A segunda proba do calendario de Coruña Corre, unha das probas máis esixentes do circuíto, celébrase o 7 de maio

Aberto o prazo de inscrición para a XIV Baixada Popular de Cros San Pedro de Visma

O domingo remata o prazo para inscribirse á C10 a prezo reducido

O 7 de maio o circuíto de carreiras populares Coruña Corre afronta unha das súas carreiras máis esixentes, que poñerá a proba ás persoas participantes. Trátase da XIV Baixada Popular de Cros San Pedro de Visma, cuxo prazo de inscrición xa está aberto.

O percorrido, de 6.490 metros de lonxitude na proba absoluta, ten a saída e a meta situadas no cruzamento das rúas San Pedro de Visma e Aguillón, nas inmediacións do centro cívico da parroquia coruñesa. Os e as deportistas sub-18 e sub-16 afrontarán un percorrido intenso, pero máis curto, de 2.300 metros, para sub-14 será de 1.600 metros, o dobre de distancia que retará a quen se sume á sub-12 e a sub-10 (800 metros), mentres que a categoría 'peques' afrontará 110 metros.

A segunda carreira do Circuito de Carreiras Populares, a XIV Baixada Popular de Cros San Pedro de Visma, terá lugar o vindeiro domingo 7 de maio. As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o domingo 30 de abril ás 23.59 horas. A cota de inscrición será de 3 euros máis 2 euros polo chip refugable. Haberá unha cota especial para persoas desempregadas, maiores de 65 anos e beneficiarias do Carné Xove de 2 euros polo dorsal e 1 euro polo chip.

Por outra banda, as persoas que queiran inscribirse no circuíto completo de Coruña Corre poderán facelo tamén a través da páxina web. Este tipo de inscrición xera automaticamente a inscrición en cada unha das probas, sen necesidade de confirmar a participación de maneira individual. O custo é de 12 euros. As persoas participantes utilizarán o mesmo dorsal e chip para todo o circuíto. No momento da inscrición, os participantes na C21 e na 5K do pasado 12 de febreiro deberán indicalo para que se lles devolva o 50 % do prezo do circuíto, unha vez comprobados os datos.

Últimos días para inscribirse na C10 a prezo reducido

Por outra banda, Coruña10 entrou nos últimos días de inscrición coa cota reducida de 6 euros. As persoas interesadas poderán apuntarse ata mañá, sábado 8, nos centros do Corte Inglés da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, no seu horario comercial, ou de maneira telemática, a través de www.carreirasgalegas.com, ata o domingo ás 23:59 horas.

Xa se superaron as 1.500 persoas rexistradas na Coruña10. Desde o luns 10 de abril e ata o domingo 16 de abril (sábado 15 de abril no caso da presencial), a cota pasará a ser a ordinaria, de 10 euros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión